O Centro Social vai conmemorar o día Internacional
da Actividade Física e o día Internacional da Saúde con duas actividades
adicadas especialmente ao colectivo de socios do centro e as persoas maiores do
concello.
A primeira das actividades realizarase o martes 16
de abril, e consistirá nunha ruta fluvial polo río Quiroga. Para esta
actividade xa hai unha cincuenta persoas inscritas. Ás dez da mañá sairase
dende as inmediacións do centro social en dirección ao parque das Vigas, por
onde se entrará ao paseo fluvial. Aínda que nun principio se barallou a
posibilidade de cubrir tamén o paseo polas beiras do río Sil tivo que
descartarse porque está completamente anegado. Así recorrerase a ruta fluvial
ata a Ribeira da Abaixo, para subir pola Hermida, o Regueiral e de Pacios de
Mondelo novamente a Quiroga.
A ruta ten unha dificultade baixa, con 5
kilómetros, para facer nun tempo aproximado de duas horas. Ao remate da ruta,
sobre as doce e media da mediodía, todos os participantes serán convidados a un
viño español para celebrar o día internacional da actividade física.
Esta actividade está aberta para todas as persoas
maiores do concello que queiran participar, previa inscripción no centro
social.
A outra das actividades organizadas é unha
actividade física con movemento rítmico. Esta actividade levarase a cabo o
xoves 18 de abril a partir das catro e media da tarde. A actividade dirixida
especialemnte aos participantes no obradoiro de actividades físicas, comezará
coa proxección de distintos videos aeróbicoa e rítmicos de persoas maiores. A
continuación comeza a sesión de actividades rítmicas coa fase de quecemento e
de seguido ximnasia a través do movemento rítmico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario