A
concellaría de Educación, Benestar e Igualdade, dende a súa área da muller
organiza un obradoiro de iniciación á costura que comezará o mércores 17 de
abril.
O obradoiro
que se centrará en puntadas e nocións básicas, arranxo de prendas e iniciación
ao patronaxe e á confección; desenvolverase todolos mércores durante tres horas
no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
O outro obradoiro, organizado dende o departamento de
xuventude do concello, en colaboración coa área de educación,é Scrapbook.
O scrapbook é o termo
inglés para definir un libro de recortes, é dicir, a técnica de personalizar
álbums de fotografías. Consiste en multitude de procesos creativos como o
recorte, pegado ou colaxe para crear unha composición de memorias e recordos
mediante as túas fotografías. Este divertido pasatempo de decorar aplícase
tamén a cartas, poemas, convites ou todo aquilo que che propoña a imaxinación.
Partindo de simples fotografías, revalorízanse os recordos con adornos de todo
tipo (adhesivos, botóns, fitas, papeis especiais, flores secas, remaches,
fíos...) e diversos estilos, dende o máis sofisticado ata o máis sinxelo,
dependendo do gusto persoal.
O obradoiro gratuito,
realizarase a partir do día 6 de maio, os luns, en horario de seis da tarde a
oito, na aula da Ludoteca Municipal.
As persoas interesadas en
participar deben inscribirse previamente na Casa da Cultura, no teléfono
982.43.51.25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario