A corporación muncipal celebrou onte pola tarde unha nova sesión
plenaria ordinaria na que se aprobou a resolución do contrato de Xestión do
Albergue Municipal.
A
proposta presentada pola actual empresa adxudicataria, e que aceptou o pleno,
consistiu na aceptación por parte do concello dun pago de 4.500 €, e a
compensación de 16.000 € por obras e melloras realizadas pola empresa no
albergue. A corporación aprobou unha quita doutros 16.000 € que aínda lle
debería a empresa.
Sobre a
reclamación da empresa Aqualia relativa ao custe da xestión do servizo
municipal de abastecemento de auga potable e rede de saneamento e depuración do
concello, que era o seguinte punto a tratar, o pleno decidiu non aceptar. Aqualia
solicitaballe ao concello o incremento
do 132 % das tarifas do servizo ou pola contra unha subvención de 159.000€. O
pleno acordou tras rexeitar esta proposta solicitarlle á empresa a rescisión do
contrato.
Do albergue voltou a falarse no punto seguinte, xa que se aprobou o
prego de clausulas administrativas que rexerán a dxudicación do contrato de
xestión do servizo do Albergue Municipal. Neste punto o BNG suxeriu que fose o
propio concello quen se fixese cargo do servizo, ao igual que o suxeriu para o
servizo de abastecemento de auga. O PSdeG- PSOE falou de que na situación
actual do Albergue dificilmente ninguén se poderá facer cargo para explotalo
legalmente.
A continuación debatironse tres mocións, a primeira presentada polo
grupo popular relativa ao outorgamento dunha distinción honorífica ao Teniente
General Pedro Vázquez Jarava.
A mocións presentadas polo BNG, foron rexeitadas. Unha delas solicitaba
que se retomara na Feira do Viño o antigo concurso de viños e se designaran
pregoeiros relacionados coa comarca de Quiroga ou polo con Galicia. A seguinte
moción solicitada o poñer casetas informativas nas festas de Quiroga, deixar de
organizar ceas da corporación nestes mesmos festexos e cambialas por un xantar
popular.
Por tratarse dunha sesión plenaria ordinaria, houbo tempo para rogos e
preguntas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario