O Concello de Quiroga co
gallo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado a
Roberto Vidal Bolaño organiza varios actos.
As 12.00 do mediodía
inaugurase na sala de exposicións da casa da cultura os
traballos presentados o concurso de debuxo infantil dos anos 2007 ata o 2013,
organizados pola Área de Educación. A continuación terá lugar a entrega de
premios do concurso de debuxo infantil e do certame de narración deste ano.
Xa as 12:30 na Casa do
Concello faraselle unha pequena homenaxe a tres veciños de Margaride, coñecidos
como os Cantores da Seitura,tamén, terá lugar a recepción os colectivos culturais e
para rematar actuará a Banda de Gaitas San Martiño.
Os actos desta xornada
festiva continuarán as sete da tarde no auditorio municipal cunha obra de
teatro a cargo da compañía Ni Fu Ni Fa Animación, coa obra que leva por título
“Contos dos sete mares”·
No hay comentarios:
Publicar un comentario