O Consello
da Xunta de Galicia de onte, 23 de maio, decidiu a concesión da distinción de
Festa de Interese Turístico de Galicia para a Mostra do Aceite de Quiroga, que
este ano celebrou a súa XIII edición e que ven celebrándose de xeito
ininterrompido dende o ano 2001.
A
solicitude de Festa de Galicia de Interese Turístico, por parte do Concello de
Quiroga, para a celebración da “Mostra do Aceite de Quiroga” fíxose en base a
que esta celebración supón unha manifestación popular, de grande valor cultural
e das tradicións populares, que ten unha especial importancia como atractivo
turístico pola súa singularidade; convén apuntar como dato significativo que as
terras de Quiroga son o único punto do noroeste peninsular cunha prolongación
ata Salamanca, onde a oliveira forma parte dos cultivos existentes.
Unha vez
acado este galardón, o Concello de Quiroga convértese no único de Galicia que
reúne no seu territorio as seguintes distincións: Concello de Interese
Turístico, o día 8 de maio de 2005, Monumento Natural para o Sinclinal da Serra
do Caurel, o día 26 de abril de 2012 e agora Festa de Galicia de Interese
Turístico para a Mostra do Aceite de Quiroga.
A decidida
aposta por parte do Concello de Quiroga, durante os últimos anos, de quitar o
máximo rendemento das súas potencialidades está a dar os seus froitos coa
consecución destes recoñecementos institucionais, que axudarán, a rentabilizar,
protexer e espallar o seu patrimonio cultural e natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario