A Federación Galega de Motonáutica e o concello de Quiroga, co patrocinio
da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizaron a primeira
ruta do campionato galego de turismo de motonáutica polos Canóns do Sil, para
este sábado, día 25 de maio.
Trátase dunha ruta puntuable para o campionato galego de turismo 2013.
Os participantes sairán ás once e media da mañá dende Augasmestas para chegar
ata o encoro de San Estevo e volta ata o lugar de saída. En total un recorrido
de 44 millas, 82 quilómetros.
Os participantes que rematarán a proba sobre as duas da mediodía,
disfrutarán o seu remate dunha comida nun restaurante local. Todos os
participantes recibirán un recordo conmemorativo da proba e ademais os tres primeiros
clasificados levarán un trofeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario