O martes
abriuse o prazo para presentar as ofertas para a xestión do Servizo de Albergue
Municipal de Quiroga, tras a publicación do anuncio de contratación no Diario
Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.
De
conformidade co acordo plenario de 25.4.2013, procédese á convocatoria do procedemento
para a adxudicación do contrato de xestión do Albergue Municipal de Quiroga, por
un período mínimo de 2 anos.
Trátase dun procedemento aberto de tramitación
urxente, para o que se presentarán as solicitudes en dous sobres pechados no
Rexistro Xeral do Concello, antes do dez de xuño.
Para a
obtención de documentación ou máis información deben dirixirse á secretaría do
concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario