Hoxe venres, nun acto que terá lugar a partir das
oito e media da tarde, nun importante restaurante de Lugo, a “Asociación de
Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa”, a asociación máis importante
da provincia, faralle entrega do premio “Milagrosista do Ano 2013” ao alcalde
de Quiroga, Julio Alvarez.
Esta asociación escolle todos os anos a
unha serie de persoas da provincia de Lugo pola súa relevancia nun momento
determinado. Nesta ocasión un dos escollidos foi o alcalde de Quiroga, como
alcalde do ano na provincia de Lugo.
Neste acto estarán presentes o
presidente da Deputación Provincial, José Ramón Besteiro, o alcalde de Lugo,
José Orozco e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario