Esta mañá visitaba
Quiroga a conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana. A primeira visita
que fixo a conselleira foi a duas empresas situadas no polígono industrial de
Quiroga, que recibiron axudas a través do GDR Ribeira Sacra: Ramos Metal,
adicada a fabricación de estructuras metálicas e Teican, empresa de enxeñería
ambiental especializada no campo das enerxías renovables.
Tamén se interesou
pola alaboración moderna do aceite de Quiroga, polo que se desprazou ata
Bendollo para visitar plantacións de oliveiras, tras o que visitou unha adega
industrial na que tamén se elabora
aceite, Adegas Mondelo. Dentro da adega, en declaracións aos medio, a conselleira recoñecía que o que máis a impresionou desta visita foi ver as plantacións e oliveiras
A visita da
conselleira remataba nas instalacións no Museo Etnográfico tras pasar antes polo
Albergue Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario