Mañá xoves, a Ludoteca
Municipal celebrará unha festa infantil
de despedida ata despois de Semana Santa. Na festa, que comezará ás cinco da
tarde, os pequenos e pequenas comerán a merenda que eles mesmo elaborarán na
súa casa coa axudas dos seus pais.
A Ludoteca
dará paso a vindeira semana á Ludoteca de Semana Santa, dirixida a nenos e
nenas de 3 a 7 anos e que terá lugar os días 25, 26 e 27 en horario de 11:00 a
12:00 horas, na que se farán manualidades de pascua.
Durante
estas datas tamén haberá outras actividades organizadas conxuntamente polos
departamentos de infancia e xuventude do concello de Quiroga.
Por un
lado, ofertaranse obradoiros de 12 a 14 horas na aula da ludoteca municipal, o
luns día 25 de tarxetería pop-up, o martes día 26 de cociña e o mércores día 27
de fieltro.
Por outra
banda, e, en horario de 16:30 a 18:00 horas na casa de cultura, o luns haberá
xogos de puntería, o martes un parchís xigante, e, o mércores campionato de
futbolín.
Para
apuntarse a calquera destas actividades, que son gratuitas para os
participantes, poderán dirixirse á casa de cultura ou o teléfono 982 435 125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario