Xa están abertas
ás inscripcións para a novena edición da carreira popular Feira do Viño, que se
disputará o domingo día 24.
Ás once da mañá comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.

Ás doce da
mediodía comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.400 metros; e que
comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na
primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona
das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a
segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un
tramo do paseo fluvial.
Este ano a proba
de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a
cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla
antes da saída da proba.
Haberá trofeos e
medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como
feminino, e os tres primeiros locais. Cada participante recibirá unha camiseta
técnica como obsequio ata esgotar existencias e disporase novamente de servizo
de fisioterapeuta na meta para atender calqura problema que surxa ao longo da
realización da proba.
O sistema de cronometraxe usado será o "Championchip",
polo que hai que inscribirse previamente. A data límite de inscripción será o
día ata o Xoves 21 de Marzo ás 14:00 horas na web Championchip Norte (única forma de
inscrición na proba absoluta) e o prezo pola inscripción será de 2 euros.
Os corredores que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen que inscribirse por medio do fax (982428808) ou correo electronico (quirogadeportes@hotmail.com) pero tamén contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba de 10:00 a 11:00 horas diante da Casa do Concello.

No hay comentarios:
Publicar un comentario