O concello
de Quiroga que aplazara o desfile de comparsas previsto para o domingo polas
malas condicións meteorolóxicas, decidiu que se celebre este domingo día 17.
A saída do
desfile de comparsas terá lugar o domingo dende a Rúa das Piscinas, ás cinco da
tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. Establéceuse un
primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada
comparsa participante recibirá 60€. Para a modalidade de disfraces individuais
haberá un único premio de 60,00€.
O Xurado
estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ó desfile valorará
a cada comparsa menos á que
representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a
coreografía e a escenografía.
A
entrega de premios terá lugar, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario