Hoxe tivo lugar no Concello a primeira reunión da Comisión Organizadora
da Mostra do Aceite, presidida polo
Alcalde e coa asistencia dos colleiteiros e persoal da organización.
Despois
de avaliar a pasada edición para mellorar naqueles aspectos que se poida,
e como cabe esperar, facer que esta XIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA, recoñecida este ano como Festa de Interese Turístico de Galcia supere a tódalas anteriores. Os
temas tratados nesta primeira reunión
foron os seguintes:
Escoller a
data de celebración do evento que sufrirá un atraso no tempo pasando a celebrarse
no mes de maio, posiblemente o día 18. Este atraso responde as seguintes
razóns:
-Mellora na
presentación do produto por estar máis decantado e clarificado.
-Mellora nas
condicións meteorolóxicas, por ser esta mostra ao aire libre nun entorno
privilexiado, permitirán aos asistentes disfrutar máis do evento e do entorno.
-Necesidade de
establecer unha data fixa para este xa consolidado evento.
Outro dos temas tratados foi a
creación dun Comité de Cata integrado por persoas do municipio para a
realización da mesma o día da mostra.
As condicións de partición para
as persoas interesadas en acudir a
mostra co produto son as mesmas
que en anos anteriores.
- A cantidade
mínima que ten que posuír cada colleiteiro que desexe participar no
certame debe superar os 200 litros .
- Os
participantes na mostra deben aboar 100,00€
a hora de realizar a súa inscrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario