A
obra de teatro 'Avós, nunca é tarde', representarase ante o público de Quiroga esta
tarde, a partir das sete, no Auditorio Municipal.
A obra, protagonizada por socios do centro social, trata da loita da filla
dunha familia moi tradicional por conseguir que a vida no seu fogar sexa máis xusta
e igualitaria.
Esta obra forma parte do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013 da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, programa pioneiro
para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da igualdade entre
os seus netos e netas menores.
O programa
consistiu na organización de obradoiros teatrais nos que se reflexiona sobre
cuestións como a socialización diferencial por xénero, co obxetivo de utilizar
o teatro como medio de intervención. O traballo deste obradoiro é o que poderemos
ver hoxe no Auditorio Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario