Dentro da ampla oferta cultural do Concello de
Quiroga para as Festas de Nadal, o día
20 ás 12:30h. terá lugar no Telecentro
unha videoconferencia con Papá Nöel a que poden acudir todos os nenos e
nenas que o desexen para facer as súas peticións.
Xa o sábado día 21 a partir das 19:00h.
terá lugar no Auditorio Municipal o
Concerto de Nadal coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de
Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de
Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música
organizadas polas Áreas de Educación e
Xuventude.
No transcurso de este acto,
entregaranse os premios do Concurso de Postais e do IV Certame de Relato Curto organizados
dende Áreas de Xuventude e Educación.
O día 22, coa colaboración da Rede de
Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de
Títeres “ O Crebanoces”
O día 27, o grupo de teatro do Centro
Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de
teatro “Avós…Nunca é Tarde”.
A Programación de Nadal, que se
prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe
numerosos actos para tódolos públicos. Cabe salientar o concerto
didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de xaneiro, a Cabalgata de
Reis, a ludoteca de Nadal, Campionato de Fútbol de Nadal, obradoiros e
campionatos nos pubs da vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario