O concello de
Quiroga vai poñer en marcha, ao longo desta semana as novas instacións de
centrais fotovoltaicas colocadas en distintos edificios públicos.
Colocáronse
pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10
kilowatios de potencia nominal, nas cubertas do Auditorio Municipal, da Casa da
Cultura, do CEIP de Quiroga e do Pavillón Polideportivo Municipal.
Asemade tamén se realizou a instalación de pequenas centrais fotovoltaicas
de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, na Escola
Infantil Galiña Azul, que compartirá cos garaxes da Praza España; na depuradora
municipal, que compartirá coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación
de Tratamento de Auga potable.
A
instalación destas centrais suporá para o concello de Quiroga unha fonte de
aforro enerxético de 20.000 euros ao ano e consecuentemente a redución dos
custes correspondentes.
O funcionamento das centrais é na modalidade de
autoconsumo. Isto supón que a produción da planta destinarase a abastecer o
consumo enerxético do inmoble. Nos momentos nos que no inmoble non haxa
demanda, o excedente verterase a rede. Polo contrario, cando a produción da
planta fotovoltaica sexa nula ou simplemente non sexa suficiente como para
abastecer a demanda, tomarase a enerxía da rede de distribución do mesmo xeito
que se fai na actualidade. Os sistemas fotovoltaicos transforman a enerxía
solar incidente en enerxía eléctrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario