O
departamento de educación do concello organizou con motivo do Nadal un concurso
de postais de nadal, e dous obradoiros: un de confección de adornos para a
árbore de Nadal e outro para o adorno das carrozas dos reis magos, este último
en colaboración coa área de xuventude.
O concurso
de postais de Nadal vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A postal ten
que versar sobre o tema do Nadal e ocupar medio folio. Estes traballos deberán
presentarse na casa da culturalantes do día 16 de decembro, acompañados dun
sobre pechado que conterá os datos do autor.
O concurso
conta con cinco categorías, de 3 a 4 anos, de 5 a 6, de 7 a 8, de 9 a 10 e a
última categoría para o rapaces e rapazas de 11 a 12 anos. Os gañadores de cada
unha das categorías recibirán premios sorpresa.
O obradoiro de confección de adornos para a
árbore de Nadal desenvolverase os
mércores 4, 11 e 18 de decembro na aula da Ludoteca; en horario das
cinco menos cuarto da tarde ás seis.
Nestes
mesmos días desenvolverase o Obradoiro para adornar as carrozas dos Reis Magos,
pero o seu horario será dende as seis da tarde ás oito do serán na Casa da
Cultura.
Os
interesados en participar nalgún destes obradoiros deben de inscribirse na Casa
da Cultura persoalmente ou a través do teléfono 982.43.51.25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario