Preto
da media noite de onte, o fume que aparecía nun edificio da rúa Anxel Fole
movilizou a veciños e medios de emerxencias. Os veciños do edificio o
percatarse do forte cheiro a fume alertaron ao 112 que movilizou os servizos de
emerxencia locais, policía local, grupo de emerxencia e unha ambulancia. Tamén
acudiron a chamada dous camións de bombeiros de Monforte e a Garda Civil.
Os grupos de emerxencia comprobaron durante máis dunha hora as posibles
causas do fume pero non chegaron a atopar o lugar no que se produxo, ainda que
todo parecía indicar que era causado nas chemineas das caldeiras e campanas
extractoras do edificio.
Afortunadamente todo quedou nunha falsa alarma e os veciños puideron
retirarse tranquilos aos seus domicilios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario