O director
do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, Juan Ramón Vidal
Romaní, e a doutora, Aurora Grandal d’Anglade, acompañados dos alumnos de
primeiro curso da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, visitaron
esta maña o museo Xeolóxico de Quiroga. Vidal Romaní e Aurora Grandal
colaboraron co concello de Quiroga na dotación de contido deste museo pioneiro
en Galicia.
Os
contidos do museo xiran ao redor do impresionante patrimonio xeolóxico e
paleontolóxico da nosa comarca, constituíndo unha temática singular e atractiva
para dar a coñecer esta parte do patrimonio natural. Os alumnos poideron ver os
dous paneis de grandes que abren o museo, un sobre a ruta xeolóxica da comarca
de Quiroga e outro no que se explican os principais acontecementos da Historia
Xeolóxica e Paleontolóxica de Galicia.
O museo está dividido en cinco salas. A primeira
está adicada a formación do territorio de Galicia, nesta sala o plegamento de
Campodola é o maior representante, tamén se poden ver varias mostras de
minerais e rochas presentes na nosa comarca. A segunda sala centrase na historia
paleontolóxica, onde se amosan diferentes fósiles animais; entre os que
destacan os da era Cuaternaria, como o oso das cavernas, a hiena, o rinoceronte
lanudo, o uro, o cervo, o xabaríl e o corzo, todos eles poboadores da nosa
serra. A terceira sala é a da idade dos xeos, representada por cantos de
depósitos glaciares recollidos na zona da Lucenza, nela explicase porque se
producen as glaciacións. A cuarta das salas centrase nas primeiras ocupacións
humanas da zona, aquí amosanse as posibles liñas de penetración do home en
Quiroga. Nesta sala podense ver dez cránios dos primeiros humáns e ferramentas
líticas do Paleolítico e do Neolítico, atopadas na zona da Hermida. Finalmente
a última sala, na que se expoñen bloques de distintos minerais collidos na zona
representa a parte da nosa minería. Hai ferro recollido na veneira de Vieiros,
cal de Cereixido, lousa de Pacios da Serra, ouro de Montefurado e Antimonita de
Vilarbacú. Estes minerais están acompañados dunha explicación sobre a súa
explotación e transformacióntribuír de xeito activo á súa protección.
As instalacións do Museo Xeolóxico de Quiroga son o
punto de partida para unha Ruta Xeolóxica. Cara esta ruta partiron os alumnos e
os profesores para contemplar e entender sobre o propio terreo os principais
elementos que constitúen as distintas salas temáticas nas que se articula.
Daquela o sinclinal do Caurel (pregamento de Campodola-Leixazós), as zonas
mineiras (Pacios da Serra, Montefurado, Vilarbacú etc), os vales glaciares da
Seara e Vieiros, os restos fósiles da fauna do Cuaternario e anterior e as
primeiras testemuñas da presenza humana nesta zona, conforman esta ruta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario