Numerosas actividades son as organizadas dende o concello
con motivo da festa do San Martiño, patrón da vila, que comezarán xa mañá
sábado cunha obra de teatro a cargo do
grupo de teatro A Adala de Foz, ás sete
da tarde no auditorio municipal, actividade enmarcada dentro do programa
“Buxiganga” da Deputación Provincial.
O domingo a banda de
gaitas San Martiño fará un pasarrúas e ofrecerá un concerto diante da casa
consistorial a unha da mediodía.
O luns, día de San Martiño e festa local, ás doce
da mediodía se o tempo o permite celebrarase a procesión na que o Santo
homenaxeado recorrerá a Praza Maior. Ao remate dos actos relixiosos actuarán o
grupo de danzas Arume da Queiruga acompañado da banda de gaitas San Martiño.
Pola tarde, a partir das catro, xogos populares para os máis pequenos e a
partir das sete da tarde castañas asadas
e o viño novo, amenizadas pola música do duo Fondo Tropical, e nun descanso da
festa, sobre as nove da noite terá lugar a entrega de premios dos os rapaces
que participen nos xogos populares.
Dentro das actividades programadas para a
celebración das festas do noso patrono haberá un lugar destacado para os
deportes, xa que o sábado haberá fútbol sala feminino no pavillón municipal ás
seis da tarde, partido importantísimo para as futbolistas quiroguesas xa que se
enfrontan o líder da clasificación o Adarve, e o domingo ás catro e cuarto fútbol no campo do
San Martiño, o Quiroga recibe ao Laiosa; e o luns, ás once da mañá celebrarase
a Carreira Popular San Martiño, na carreira de caracter local, haberá como
sempre varias categorías para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, a saída e medta
estará situada diante da casa consistorial e o recorrido será dentro da casco
urbán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario