A Confraría do Viño de Quiroga, en colaboración co concello
quirogués e a Deputación Provincial de Lugo, organizou un curso de iniciación á
cata do viño.
Neste curso os participantes aprenderán as habilidades básicas
da cata de viños, adquirirán coñecemento da técnica de Cata, comprenderán a
elaboración dos distintos tipos de viños galegos e coñecerán os viños da cinco
denominacións galegas e as súas variedades de uva.
O curso estará impartido por un enólogo da adega Alan de Val e
desenvolverase na sala de catas do museo
Etnográfico os días 11, 12, 13 e 14 de marzo, en horario das seis e media da
tarde ata as nove e media.
O curso está aberto a tododas as persoas en xeral pero conta con
límite de prazas polo que os interesados deben de inscribirse antes do día 7 de
marzo na casa da Cultural, onde tamén poden recibir máis información. O prezo
orientativo deste curso será de 40 € para os confrades e 45 para o público en
xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario