Os organizadores da Cabalgata de Reis realizaron
hoxe a derradeira xuntanza na casa Consistorial, para dar por rematados os
preparativos para recibir as súas maxestades os Reis Magos de Oriente na súa
visita a Quiroga este domingo, día 5 de xaneiro.
Está previsto que as Súas Maxestades cheguen
a Quiroga ás seis menos cuarto da tarde. O primeiro punto de encontro será a
casa do Concello, xa que alí faranlle entrega de agasallos as nenos e nenas de
familias máis desfavorecidas.
Ás seis e media da tarde, acompañados pola música
da banda de gaitas, achegaranse ata a Residencia da Terceira Idade para visitar
aos nosos maiores.
Ás sete e media a comitiva real nas súas carrozas
recorrerá a rúa Real ata o Auditorio Municipal. Durante este traxecto, a
comisión orgnaizadora decidiu que este ano, por motivo de seguridade, non se
tirarán caramelos durante o paso da cabalgata. Onde si se entregarán os
caramelos será no Auditorio, cando as súas Maxestades escoiten as peticións de
todolos nenos e nenas para esa noite máxica.
En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitiran a saída á rúa da comitiva, os Reis Magos trasladaranse directamente ata o Auditorio Municipal ás oito do serán.
Como remate da noite todos os nenos poderán
disfrutar dunha festa infantil no Albergue Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario