Dende os departamentos de Educación e Xuventude do concello de Quiroga,
organizan para o próximo mes de febreiro tres obradoiros en conxunto.
Dous
adicados ó scrapbooking, por unha banda, un taller de iniciación para os catro
venres de febreiro de 18:00 a 19:00 horas, cun custo de 10 €uros por persoa e
no que poden participar todas as persoas que así o desexen de dez anos en
adiante. Neste obradoiro, explicarase o funcionamento desta actividade que
engloba tantos tipos de manualidades,
mostraranse os materiais básicos e algunhas técnicas para levar a cabo
finalmente unha tarxeta e un minialbum.
Por outra
banda, o outro curso xa leva en marcha un par de anos e terá lugar durante todo
o curso escolar, os mércores de 17:45 a 19:45 horas. Nel realizan albumes de
fotografías temáticos, neste primeiro mes adicaranse a realizar un co gallo do
nadal. Este taller non ten custo algún, xa que cada asistente leva o seu
material.
E o
terceiro dos obradoiros, adicado ó entroido, será de máscaras e adornos de
disfraces. Terá lugar os luns 17 e 24 de febreiro de 19:00 a 20:30 horas e
pódense apuntar tamén persoas a partir dos 10 anos, cun custo de 10 €uros por
persoa.
As tres
actividades, dirixidas a maioires de 10 anos, desenrolaranse na aula da
ludoteca municipal e para apuntarse a calquera delas deben facelo na Casa de
Cultura do concello, ben pasando por alí, ben chamando ó teléfono 982 435 125.
Para o taller de máscaras e disfraces é necesario apuntarse antes do día 10 de
febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario