O concello de Qurioga abriu o prazo de inscrición para a “XXXII Feira do
Viño de Quiroga”, que terá lugar os días 19 e 20 de abril.
Os colleiteiros interesados en
participar nesta edición deben dirixirse ó Concello antes do día 16
de febreiro.
Os
requisitos necesarios para participar son os de todos os anos:
- Contar cunha cantidade mínima de 200 botellas de
viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra
cantidade igual ou superior na adega.
- A graduación alcohólica mínima esixida será
de 12 º para o viño branco e de 11,5 º para o viño tinto.
- A acidez volátil
máxima permitida será de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco; e de 0,6
gr. acético/l. para o viño tinto.
- O
colleiteiro que teña seleccionado o seu viño para participar na feira debe
aboar a cantidade de 100 €.
O número máximo de
colleiteiros nesta edición está limitado como nas anteriores a 12.
No hay comentarios:
Publicar un comentario