O concelleiro socialista José Luis del
Pont retractouse onte, ante o xuíz do Penal número 2 de Lugo, das
acusacións vertidas no seu día contra o alcalde do Municipio, Julio Alvarez.
Os feitos remóntanse ao 26 de maio de
2011, cando o demandado publicou, a través da páxina web dunha coñecida rede
social, unha serie de informacións contra o alcalde, nas que acusaba o rexedor
de ter quedado con diñeiro de obras de plans para comunidades veciñais. Do Pont recoñeceu
que estas manifestacións eran totalmente incertas e mostrou o seu
arrepentimento "tanto polo seu contido coma polas consecuencias que
irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao equipo de goberno e ao
concello".
A vista que estaba programada onte non
chegou a celebrarse finalmente, ao perdoar o demandante ao acusado. O rexedor
tomou esta decisión despois de obter, por parte da representante legal de Del
Pont, o compromiso de que recoñecería publicamente o «incerto» das acusacións e
o seu «arrepentimento» por realizalas. Así llo fixeron saber ambas as partes ao
titular do xulgado no que ía desenvolverse a causa. Por este motivo, tanto a acusación particular
coma a fiscalía, que pedía para o acusado a pena dun ano de prisión prisión e
inhabilitación como cargo electo durante ese período, ademais das
indemnizacións que puidesen corresponder ao alcalde e ao funcionario que se
presentou na causa ao darse por aludido, decidiron retirar a demanda.
A cambio, o edil socialista
comprometeuse a difundir un escrito de rectificación, a través dos perfís
sociais de Armando Guerra Fray Vinagre e Fray Che Guevara,
así como na prensa, nun prazo máximo de cinco días naturais. Tamén debe presentar estas desculpas no
rexistro do Concello de Quiroga, co fin de que se informe do seu contido no
primeiro pleno que se celebre.
A demanda presentada no seu día polo
alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, contra o edil socialista ten a súa
orixe nunha publicación que este último realizou a través do perfíl de José
Fary Vinagre, en Facebook. Nese texto, Del Pont escribia: que «o alcalde
quedábase con cartos das comunidades veciñais». O texto que suscitou a denuncia
continuaba decindo que «un funcionario do Concello de Quiroga encargábase de
falsear a certificación e máis de recadar os cartos que recollía en man sen
pasar pola contabilidade do Concello»,
Del Pont divulgou á primeira hora da
tarde de onte o seguinte comunicado de prensa: «En cumprimento do acordado ante
o Xulgado do Penal número 2 de Lugo, e en base ao manifestado de que o Concello
de Quiroga e polo tanto o seu alcalde, quedábanse cos cartos das obras das
comunidades veciñais..., poño en xeral coñecemento que ditas manifestacións son
incertas, expresando o meu absoluto arrepentimento tanto polo seu contido como
polas consecuencias que irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao
equipo de goberno e ao Concello.
No
acordo alcanzado onte entre as partes, José Luis del Pont, tamén sinalou
que o funcionario ao que facía referencia era Isidoro Nogueira, a quen
tamén recoñece como prexudicado polas súas declaracións. O edil socialista adminitió todos
estes feitos a través dun documento que a súa avogada presentou ante o xuíz. No
transcurso da audiencia, José Luis del Pont limitouse a ratificar o
contido deste texto no que consta unha petición expresa de "perdón ao
ofendido".
Ante
esta mostra de arrepentimento, a acusación particular tamén decidiu retirar a
demanda, polo que o xuíz ditará unha sentenza absolutoria, sempre e cando o
acusado cumpra cos acordos alcanzados.
O alcalde de Quiroga declarou, tras o acordo
que fixo innecesaria a celebración do xuízo, que se dá «por satisfeito» coas
explicacións do concelleiro socialista, ao que perdoa os comentarios nas redes
sociais que deron pé a esta denuncia por calumnias.
José
Luis del Pont foi condenado a finais do pasado mes de outubro polo
xulgado de Monforte a satisfacer unha multa de 50 euros e a
indemnizar o alcalde, Julio Alvarez, con 150 €, ao considerar probado que
o socialista inxuriou e vexou o rexedor local no transcurso dunha sesión
plenaria. No xulgado de Primera Instancia de Monforte séguense
actualmente contra Del Pont dilixencias previas por delito de
aldraxes, actualmente en fase de instrución, con motivo da inserción en Facebook de
comentarios, a través dunha conta asociada a unha liña de teléfono da que é
titular o concelleiro socialista Del Pont, segundo estableceu a Policía
Xudicial, así como comentarios realizados por outros usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario