Quiroga será escenario este sábado día 22 da primeira edición do Trail
do Boi. O evento deportivo, organizado polo concello de Quiroga e o Albergue
Municipal, conta con 153 inscritos; 90 no trail e 63 no minitrail.
Os
deportistas que compitan na trail deberán acometer un circuíto de 36 quilómetros
e ascenderán a unha altura de 1.507 metros, mentres que os que participen na
proba de minitrail percorrerán 26 e subirán a unha altura de 1.172 metros.
Os
organizadores entregarán os dorsais o día 21 entre as oito da tarde e as once
da noite, e o propio día das probas, entre as sete e as oito e media da mañá.
Os participantes terán que recollelos no albergue de Quiroga. Tamén nesta mesma
instalción os participantes recibirán información técnica sobre a proba o
venres a partir das dez da noite.
Ás nove da
mañá comezará a proba. O recorrido estará debidamente sinalizado con cinta de
plástico de cores vivas e flechas indicativas, así como referencia kilométricas
a lo largo de todo o recorrido. No desenvolvemento da proba, aa organización terá
dispostos varios puntos de control sendo obrigatorio o paso polos mesmos, onde
se efectuarán os controis de paso reglamentarios, o non paso ou salto dalgun dos
controis será motivo directo de descalificación da proba.
A partir
das oito da tarde procederase á entrega de trofeos. Outorgaranse aos tres
primeiros clasificados de cada proba. Haberá trofeos máis un lote de produtos
deportivos para os tres primeiros da clasificación xeral do circuíto
No hay comentarios:
Publicar un comentario