O Concello de Quiroga ten organizado para o vindeiro domingo día 2 de
marzo, co gallo da celebración do Entroido,
o Desfile Concurso de Comparsas cos seguintes premios para os participantes e gañadores:
* Un primeiro premio de 500,00 €
* Un segundo premio de 300,00 €
* Un terceiro preio de 150,00 €
* Cada comparsa participante recibirá 60€.
Ademais das comparsas, que deben estar compostas de dez membros como mínim, poden
participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo serán tres membros
por disfrace. Para os que se establece
un único premio para esta modalidade de 60,00€.
O xurado estará composto
por un membro de cada comparsa participante, que valorará a orixinalidade dos
disfraces, a coreografía e a escenografía de cada comparsa, menos da que
representa.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de
febreiro, antes desta data poden realizarse as inscricións na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono
982435125.
O desfile
empezará as 17:00h e percorrerá a Rúa Real dende a confluencia desta coa
Rúa Piscinas para rematar no Concello onde o dúo Fondo Tropical amenizará un
baile de disfraces.
O luns, día 3 de marzo, a partir das 17:00 terá
lugar unha Festa Infantil de disfraces na Discoteca Lor organizada pola Área de
Educación e a Discoteca Lor.
Ademais as áreas de
Educación e Xuventude teñen organizado un obradoiro de máscaras e adornos de
disfraces. Este taller, para maiores de dez anos, comezará o vindeiro luns, en
horario de sete da tarde a oite e media, e continuarase o luns 24 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario