A área de Cultura do concello de Quiroga
retomará a finais deste mes novamente o programa de ocio saudable.
Esta actividade consiste en acudir un día á semana ao balneario de Augas
Santas en Pantón, para realizar un circuito termal. Este ano a actividade desenvolverase os martes
dende o día 25 febreiro, e ao longo do mes marzo para rematar o día 1
de abril.
O horario
de saíada será de 16:30h
e o regreso ás 20:00h . As
persoas interesadas deberán realizar a inscripción na Casa da Cultura antes do
día 23 deste mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario