O Centro de
Información á Muller, dependente da área de Igualdade e Benestar do Concello,
está organizando diversas actividades con motivo da celebración, o sábado día 8
de marzo, do día da muller traballadora.
A primeira
das actividades terá lugar o sábado ás doce da mañá na casa consistorial, e
englobará a entrega de diplomas aos participantes na obra de teatro “Avós nunca
é tarde”, e a presentación do III Plan de Igualdade entre homes e mulleres.
A outra das
actividades organizada será unha cea, á que poden asistir todas as mulleres da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario