As comparsas inscritas no desfile de comparsas
de entroido reuníronse onte venres, na Casa de Cultura, para decidir se saían
no desfile previsto para o domingo ante a previsión de choivas ou se pola
contra o deixaban para o domingo día 9. Finalmente as comparsas decidiron sair o
domingo día 9.
O desfile terá lugar a partir das cinco da tarde. As comparsas
participantes recorrerán a Rúa Real dende a confluencia desta coa Rúa Piscinas
para rematar no Concello onde o dúo Fondo Tropical amenizará un baile de
disfraces.
O que si se mantén é a festa infantil do luns, día
3 de marzo, a partir das 17:00 na Discoteca Lor organizada pola Área de
Educación e a Discoteca Lor.
Tamén, o departamento de xuventude
organizou unha excursión para ver a tradicional
saída do “Oso de Salcedo”. Esta
excursión, sería o luns de entroido, día 3 de marzo. Os participantes sairán as
catro da tarde dende a Casa da Cultura, previo pago de 5€.
O martes,
día 4 de marzo, o Centro Social celebra o martes de Entroido cunha xornada
gastronómica de animación e convivencia social, gratuita para os seus
socios. Sobre as 18:30 h., comezará o baile de disfraces, animado con música en
directo ao que poden asistir todas as persoas que o desexen.
Con motivo destas festas o concello lembralles a todos os cidadáns a
normativa para a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa que
debe ceñirse á normativa vixente. Polo tanto prohíbese o uso dos produtos
pirotécnicos nas vías e espazos públicos, evitándose que a súa utilización
produza unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia
dunha conduta cívica normal, e atenderase en todo momento ás indicacións que fagan
os axentes da Policía Local, que poderán requisar os mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario