O Concello
de Quiroga oferta novamente para o domingo 6 de abril, un mercado de produtos
de segunda man. Este mercado de ocasión situarase
na praza Maior, e desenvolveríase mensualmente unha vez, os primeiros domingos
de cada mes, sempre e cando non coincida con outros eventos ou coa feira
tradicional. Neste caso pasaría para o seguinte domingo. O horario de venta
será dende as nove da mañá ata as duas da mediodía.
As persoas interesadas en poñer un
posto nesta feira deben solicitalo previamente na casa consistorial. Para cada
edición solicitarase e o Concello realizará novo procedemento de asignación. O
Concello dará preferencia aos solicitantes empadroados en Quiroga. O prazo para
presentar solicitudes pecharase 4 días antes da celebración do mercado.
Os
artigos susceptibles de venta ou cambio serán aqueles, que pola súa natureza,
poidan ser trocados ou vendidos en condicións máis vantaxosas que no comercio
habitual. Serán de segunda man ou artesanais e que non comporten ningún risco
ou dano para o adquirente.
O Concello establece varias
especialidades como cadros e artigos de decoración; roupa en xeral e produtos
téxtiles; libros, revistas e coleccionables orixinais; mobiliario e
antigüidades; artigos informáticos e fotográficos, sempres que sexan orixinais;
así como ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria e produtos
similares; e pequeno material de labranza, tanto antigo como moderno.
Os vendedores dos produtos serán únicos
responsables da lícita procedencia dos mesmos. Así mesmo, a venta de artigos
artísticos deberá estar de acordo ou en consonancia coa Lei de Patrimonio de
Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario