O Concello de Quiroga poñerá en marcha este domingo,
día 9 de marzo, un mercado de produtos de segunda man. Este mercado de ocasión situaríase na praza
Maior, e desenvolveríase mensualmente unha vez, os primeiros domingos de cada
mes, sempre e cando non coincida con outros eventos ou coa feira tradicional.
Neste caso pasaría para o seguinte domingo. O horario de venta será das 9 ás 16
horas.
As persoas interesadas en poñer un
posto na feira deben solicitalo na casa consistorial. Para cada edición
solicitarase e o Concello realizará novo procedemento de asignación. O Concello
dará preferencia aos solicitantes empadroados en Quiroga. O prazo para
presentar solicitudes pecharase 4 días antes da celebración do mercado. O
Concello asignará os postos 3 días antes do sinalado para a celebración do
mercado de segunda man.
Os artigos susceptibles de venta ou
cambio serán aqueles, que pola súa natureza, poidan ser trocados ou vendidos en
condicións máis vantaxosas que no comercio habitual. Serán de segunda man ou
artesanais e que non comporten ningún risco ou dano para o adquirente.
O Concello establece varias
especialidades como artigos de decoración, roupa en xeral e produtos téxtiles,
libros, revistas, mobiliario e antigüidades, artigos informáticos e
fotográficos, así como ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria e
produtos similares.
Os vendedores dos produtos serán únicos
responsables da lícita procedencia dos mesmos. Así mesmo, a venta de artigos
artísticos deberá estar de acordo ou en consonancia coa Lei de Patrimonio de
Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario