A Confraría do Viño de Quiroga, en colaboración co concello
quirogués e a Deputación Provincial de Lugo, organizou un curso de iniciación á
cata do viño, que comeza esta tarde.
Neste curso os participantes aprenderán as habilidades básicas
da cata de viños, adquirirán coñecemento da técnica de Cata, comprenderán a
elaboración dos distintos tipos de viños galegos e coñecerán os viños da cinco
denominacións galegas e as súas variedades de uva.
O curso estará impartido por un enólogo da adega Alan de Val e
desenvolverase na sala de catas do museo
Etnográfico dende hoxe ata o venres, en horario das seis e media da tarde ata
as nove e media.
No hay comentarios:
Publicar un comentario