A comisión organizadora da Trixésimo Segunda
Feira do Viño de Quiroga fixo público o programa da feira que terá lugar os días 19 e 20 de abril.
O
programa ábrese este sábado ás doce e media da mediodía, co desfile dos membros
da confraría do viño de Quiroga dende a casa do Concello ata o Museo
Etnográfico, onde realizarán a cata oficial dos viños inscritos na feira.
O domingo
día 13, inaugurarase na sala de exposicións da casa da cultura a exosición de
pintura de Suso Talento, ás seis da tarde. Unha hora máis tarde, no auditorio
municipal, a cantante María do Ceo, ofrecerá un concerto.
Continuando
co programa de actos, o xoves 17, ás sete da tarde, na casa da cultura
presentarase a Guía do Camiño de Inverno a Santiago, a cargo da presidenta da
asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. E o venres 18, a área de
deportes do concello organizou a X Carreira Popular Feira do Viño, a partir das
catro e cuarto da tarde.
O sábado
19, ás cinco da tarde a banda de gaitas San Martiño fará un pasarrúas para
anunciar que estamos de festa. Ás seis e cuarto inaugurarase oficialmente o
recinto feiral. O encargado de cortar a cinta será o director xeral de
desenvolvemento rural, Antonio Crespo Iglesias. Tras a inauguración os actos
trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de
Quiroga, a banda de gaitas San Martiño, e os grupos de danzas San Martiño e
Arume da Queiruga.
Ás oito e media do serán, a actriz
Cristina Castaño, Judith Bécker, na serie de Tele5 La que se Avecina, dará o
pregón desta edición. Tras o pregón desfile e entrega dos premios do concurso
de camisetas e festa popular co grupo Garibaldi.
O domingo,
o grupo de gaitas os do Recanto farán un pasarrúas como inicio da festa. A unha
menos cuarto, no museo etnográfico, fareselle entrega das medallas aos
colleiteiros participantes nesta edición. A música desta xornada tamén virá da
man da charanga Terras do Bibei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario