Con motivo do Día das Letras Galegas 2014, A Rede de Dinamización Lingüística e o concello de Quiroga convocan un
concurso de cuñas de radio orientadas a promover a lingua propia de Galicia O galego na onda. Co obxetivo de promover
a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre a mocidade
do concello de Quiroga, á vez que se difunden as posibilidades da comunicación
radiofónica entre a mocidade. No concurso poderá participar o alumnado de
Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Tanto individualmente como en
grupos de ata catro persoas. Establecéndose catro categorías:
Categoría
A: matriculados no primeiro e no segundo curso da ESO.
Categoría
B: matriculados no terceiro e no cuarto curso da ESO.
Categoría
C: matriculados en Bacharelato.
As cuñas de radio, que non poderán
exceder os 60 segundos de duración, deberán ser inéditas, estar gravadas en
lingua galega e estar orientadas a promover o seu uso e valoración social.
Poderán incorporar música, sempre que esta sexa orixinal ou conte con licenza.
Cada participante ou grupo participante
poderá enviar un máximo de dúas cuñas ao concurso. As cuñas grabadas en CD
deberán de enviarse a Radio Municipal de Quiroga antes do 17 de maio. Cada CD irá nun sobre rotulado cun título e coa
categoría en que compite. A canda el
deberá entregarse un sobre pechado onde consten o nome, apelidos e idade(s)
do(s) concursante(s); o centro educativo onde estuda e un teléfono de contacto
Outorgaranse un primeiro e un segundo
premio por categoría consistentes nun obradoiro de radio impartido na radio
municipal de Quiroga a partir do mes de setembro. Os gañadores dos primeiros
premios, ademais, entrarán nunha segunda fase do concurso en que a súa cuña
competirá coas gañadoras dos outros concellos da Rede de Dinamización
Lingüística onde se desenvolve esta actividade. Os gañadores da segunda fase do
concurso recibirán como premio a realización dun programa radiofónico na Radio
Galega coa colaboración de profesionais deste medio e un lote de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario