Este domingo día 13 de Abril, a cantante María
do Ceo presentará o seu último traballo 'Fado com outro acento'
no Auditorio Municipal de Quiroga, a partir das sete da tarde. As persoas que
esten interesadas en asistir o concerto poden adquirir as entradas o prezo de
10 euros na Casa da Cultura, no concello de Quiroga e no Centro Social, e o
propio día do concerto nas instalacións do Auditorio.
No
concerto non só haberá lugar para as novas cancións, senón
que María do Ceo tamén repasará o mellor da súa
traxectoria, pero os 13 temas que compoñen o novo traballo terán presenza
destacada. Soarán, entre moitas outras,
'A menina dáscalças pardas', con letra
de Armando González, ou a primeira tradución á lingua lusa do famoso
'María a portuguesa'
No hay comentarios:
Publicar un comentario