A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lle colocaba onte os
carteis de inicio dos traballos para a execución da obra de reparación de danos
no paseo fluvial do regueiro da Ribeira, en Quiroga.
Estes traballos, cun
presuposto aproximado de 40.000 €, encóntranse englobados nas medidas urxentes
para reparar os danos causados nos dous primeiros meses de 2014 polas tormentas
de vento e mar na fachada atlántica e a costa cantábrica, declarándose de
emerxencia con data 12 de marzo de 2014.
A
Confederación Hidrográfica procedeu xa ao peche e á sinalización da obra,
permanecendo pechado ao tránsito o paseo lindante co río Quiroga, durante o
transcurso das obras.
Estas obras son contestación á
petición que o alcalde de Quiroga lle facía ao presidente da Confederación Hidrográfica,
Francisco Marín, no mes de decembro, o día 16, cando acudía a comprobar as
obras de restauracion hidrolóxico forestal do río Quiroga. Naquel momento
estabanse a retirar ramas e arbores secas así como material vexetal acumulado a
ambas as duas marxes do río Quiroga, nun tramo aproximado de 3 km, que en
momentos de intensas chuvias podían provocar taponamentos e desvordamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario