O mesón Escaleira alzouse co primeiro premio
do terceiro concurso de tapas de Quiroga coa tapa «vieira envolvida en kikos de
millo, crema de San Simón e soia e marmelada de tomate». O III concurso
“Quiroga de Tapas” fallouse onte na Casa da Cultura.
A
xerente da asociación provincial de empresaros da hostelería, Beatriz Vila, foi
a encargada un ano máis de abrir as urnas e de facer o reconto dos votos
emitidos polos participantes no concurso. Para elo contou coa axuda dos
concelleiros Rosa Arza e José Luis Rivera.
En total
participaron nesta edición 20 establecementos. Todos eles recibiron un diploma
de participación. Cada vez que un cliente degustaba a tapa presentada a
concurso, o establecemento participante debía selarlle a cartilla de votación, na casilla
correspondente o seu establecemento. Cando o cliente completaba a degustación
de todas as tapas presentadas a concurso podía votar a súa tapa favorita
utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso. As
urnas recolléronse o día seguinte do remate do concurso, non sendo válida ningunha
urna que non tivese intacto o seu precinto.
No reconto
de votos non se daba por válida ningunha cartilla de votación que non contivese
o selo de todos os establecementos participantes; voto, escrito de forma
lixible e nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa emisora do voto.
A tapa do Mesón Escaleira, que foi a
que recibiu máis votos por parte da clientela, foi galardoada con cen euros e
unha placa conmemorativa. O segundo premio do certame foi compartido entre os
locais Adega de María e pub Ruxe-Ruxe, xa que conseguiron o mesmo número de
votos. O terceiro premio recaeu no mesón Ferreiriño.
Doutra
banda, tres clientes que participaron no concurso resultaron agraciados con
diversos premios no sorteo. Os premiados foron María José Valladares Marzabal, con
300 euros cunha cesta de produtos típicos. Javier Núñez Fernández, cunha cea
con circuíto termal e aloxamento no balneario de Augas Santas. E Consuelo Pérez
Fuentes, cunha cea ou comida na hospedaxe de turismo rural de Rugando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario