A Federación Galega de Motonáutica e o concello de Quiroga,
organizaron a segunda ruta do campionato galego de turismo de motonáutica polos
Canóns do Sil, para este sábado, día 12 de abril.
Os participantes sairán ás once da mañá dende Augasmestas para
chegar ata o encoro de San Estevo e volta ata o lugar de saída. En total un
recorrido de 44 millas, 82 quilómetros.
Os participantes que rematarán a proba sobre as duas da
mediodía, disfrutarán o seu remate dunha comida nun restaurante local. Todos os
participantes recibirán un recordo conmemorativo da proba e ademais os tres
primeiros clasificados levarán un trofeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario