O Concello
de Quiroga, organizou xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a
terceira edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”, que comezou onte pola tarde e
que se prolongará ate o 18 de abril. A presentación do concurso tiña lugar na
Adega de María, e contou coa presenza da corporación municipal e de
Cheché Real, presidente da Asociación de Hostalaría de Lugo.
En total son 20 os locais participantes: Remansiño,
Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo,
Bar Quiper, A Taberna, Cafetería Quiroga,
Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar
Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O
Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón
Escaleira e A casa de Pedra.
A tapa
presentada ó concurso, que terá un prezo de venda ao público de 1,50 € deberá
estar a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de
unidades ou porcións, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30.
Cada vez
que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante
deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla
correspondente o seu establecemento, non se pode repetir selo do establecemento
noutra casilla, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de
darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así
o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o
establecemento non dispoña da tapa no horario do concurso, está obrigado a
selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o
cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en
todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita
utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso,
ubicadas en todos os establecementos participantes. Non será válida ningunha
cartilla de votación que non conteña o selo de todos os establecementos participantes;
Voto, escrito de forma lixible e nome, apelidos e teléfono de contacto da
persoa que emita o voto.
O III
concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 23 de abril no Salón de Plenos
do Concello ás 12:00 horas. O establecemento gañador recibirá un premio en
metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos
establecementos participantes recibirán un diploma de participación.
E entre as cartillas de votación
realizaráse o sorteo público para tres participantes no concurso que gañarán
diferentes premios. O 1º premio: 300 €uros en metálico+produtos típicos de
Quiroga; o 2º: Cea+Estancia+Circuíto termal para dúas persoas no balneario de
Augas Santas e o 3º: Comida para dúas persoas na Ferrería de Rugando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario