O
departamento de deportes do concello organizou un ano máis a Carreira Popular
Feira do Viño. A décima
edición da carreira que terá lugar o venres día 18 de abril e conta xa con 453
participantes inscritos.
Ás catro e cuarto comenzará a
carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata
aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán
os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha
volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun
recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da
categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas
municipais e volta á meta.
Ás cinco da tarde
comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.400 metros; e que comprende as
categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán
de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó
lugar de partida. Neste punto comeza a
segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un
tramo do paseo fluvial.
Este ano a proba de
adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada
corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes
da saída da proba.
Haberá trofeos e medallas
para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os
tres primeiros locais. Cada participante recibirá unha camiseta técnica como
obsequio ata esgotar existencias e disporase novamente de servizo de
fisioterapeuta na meta para atender calqura problema que surxa ao longo da realización
da proba.
O
sistema de cronometraxe usado será o "Championchip", polo que houbo que
inscribirse previamente na
web Championchip Norte (única
forma de inscrición na proba absoluta).
Os
corredores que participan nas carreiras das
categorias dende pitufos ata cadete contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba diante
da Casa do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario