Quiroga acollerá, ao longo
deste mes de maio, o ciclo de formación para familias coidadoras de enfermos
de Alzheimer, programados pola
Fundación Barrié e FAGAL (a Federación de Asociacións de
Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) no
marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.
O ciclo está composto por catro talleres dende o
que se tratará de abordar a problemática da enfermidade
de Alzheimer dende diferentes ámbitos: sanitario, psicolóxico,
terapéutico e fisioterapéutico.
O curso gratuito, no que hai inscritas 20 persoas, comezará
hoxe ás seis da tarde nas intalacións do Centro Social e desenvolverase os seguintes
venres 16, 23 e 30 de maio, en horario de seis da tarde a oito.
Trátase dunha formación de 8 horas, onde se formula aos
familiares asistentes unha ampla perspectiva sobre a enfermidade, tratándoa
dende unha óptica multidisciplinar, para dotalos dunha serie de pautas de
actuación e poder así afrontar o Alzheimer nas súas diferentes fases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario