Centos de
visitantes acudiron unha vez máis ata o lugar das Farrapas para disfrutar dunha
nova edición da Mostra do Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese
Turístico de Galicia. A comisión organizadora decidiu no seu momento un atraso
na data para tentar acadar unha mellora nas condicións climatolóxicas e na
presentación do producto por estar máis decantado e clarificado. Melloras que
se conseguiron, xa que o tempo foi inmellorable, coma inmellorable foi a
calidade do aceite que se puxo á venda.
A XIV
Mostra do aceite púxose en marcha unha vez máis co funcionamento do Muiño de Bendilló, para
comezar coa demostración e elaboración tradicional do aceite. Sen dúbida a
parte da mostra que máis chama a atención dos visitantes.
Ás doce da
mediodía cataronse os seis aceites participantes na mostra no interior da
capela das Farrapas. Estes seis aceites participantes xa foron obxeto dunha
precata fai duas semanas por parte dun grupo de sete catadores locais formados
nun curso impartido pola UNED de Ponferrada, na que se catalogou aos seis
aceites cunha calidade excelente.
Ademais
desta cata os seis aceites que participaron na mostra foron enviados a un
laboratorio especializado onde se lle efectuaron as probas especificadas pola
normativa europea para este tipo de productos. Os resultados destas probas
foron dunha calidade virxe extra.
Durante
toda a xornada no recinto feiral estiveron á venda aceite e productos típicos. Os
seis olivareiros que concurriron á XIV Mostra do Aceite foron; Guillermo
Nogueira Veloso, Pedro Soto Losada, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez,
José Manuel López Maseda e Manuel Mondelo Rodríguez.
Os
productores de Quiroga recolleron esta campaña uns 30.000 kilos de olivas
grazas a unhas boas condicións climáticas superando a colleita do ano anterior.
Dende o concello
trabállase dende hai tempo para acadar unha certificación xeográfica de calidade
para o noso aceite, por ser un aceite cunhas características que o fan verdadeiramente
único. De momento estes aceites xa levan todos a contraetiqueta de aceite de Quiroga,
o que demostra que cumpren as esixencias impostas por unha comisión municipal para
porse a venta como aceites de Quiroga.
Como
novidade desta edición houbo visitas guiadas a un olivar en Bendollo. Tamén se
contou cunha liña regular de autobús dende Quiroga ata as Farrapas.
Unha vez máis
contamos coa presenza nesta mostra do subdelegado do goberno, Ramón Carballo e
da delegada territorial, Raquel Arias.
Tamén
acudiron á mostra numerosos veciños de
Foz, encabezados polo seu alcalde, que nos devolvían a visita que os
quirogueses facían a festa do Chicharro como irmandamento das duas festas.
Na mostra
tamén houbo actuacións de danza e música
tradicional galega a cargo das agrupacións locias: Grupo de danzas Arume da
Queiruga, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda de gaitas San Martiño.
O alcalde
de Quiroga, Julio Alvarez, amosábase satisfeito cos resultados da mostra que se
presentaba por primeira vez co galardón de festa de interese turístico de
Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario