3.091
quirogueses están chamados a votar este domingo nos comicios europeos.
Unha vez máis constituiranse sete mesas electorais. No centro
social de Quiroga instalaranse duas mesas, na mesa A poderán votar 652
quirogueses, mentres que na mesa B poderán facelo 898.
No centro social de Campos de Vila, que por primeira vez sustitúe
a mesa que habitualmente se instalaba en Santa Cubicia, poderán votar 621 persoas,
empadroadas dende a Parroquia de Hospital ata a parroquia da Seara.
Na cantina Bonifacio, en Vilar de Lor, na que exercen o voto os
veciños da zona da Labrada e a Montaña do Lor, hai un censo electoral de 273
persoas.
Na casa da cultura de Quiroga, instalase a mesa para os veciños
das parroquias do Nocedo e a Hermida. Nesta mesa, poderán exercer o seu dereito
a voto 217 veciños.
As duas últimas mesas son as situadas no muiño de Soldón, cun
censo electoral de 222; e na escola de
Montefurado, a máis pequena de todas, na que poderán votar 208 electores.
Todas as mesas deberán constituirse a partir das oito da mañá co
seu presidente e dous vocais, para abrirse ás nove da mañá aos votantes. As
persoas que queiran exercer o seu dereito a voto terán toda a xornada para
facelo, ata as oito do serán, momento no que se pecharán as mesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario