3.091
quirogueses estaban chamados a votar este domingo nos comicios europeos, e
finalmente acudiron as urnas 1843 o que se traduce nunha participación do 60%. A
xornada como é habitual neste municipio foi tranquila, sen ter que destacar
ningunha incidencia.
Unha das mais altas participacións nos comicios europeos onde o
PP acadou tamén unha vez mais uns dos mais altos resultados cun 62% dos votos. A
seguinte formación política en acadar mellores resultados foi o PSOE co 15’37%
dos votos o que se traduce en 290 votos. Seguelle Age con 86 votos cun 4’7%;
tras el con 80 votos o BNG con 4’3%; a revelación nestas ellecións europeas foi
a formación PODEMOS que acadou 57 votos,
un 3’09%; seguidamente en número de votos estaría UPyD con 34 votos e 1’84%. O
resto das vinte formacións que obtuveron votos en Quiroga recibiron 66 votos
cun 3’58%.
Unha vez máis constituironse sete mesas electorais. No centro
social de Quiroga instalaronse duas mesas, na mesa A votaron 385 persoas,
destes votos 221 foron para o PP, un 57’4%; o PSOE con 54 votos acadou un 14% e
o BNG un 5’4% con 21 votos. As seguiente formacións en recibir votos foron AGE,
16; UPyD, 15 e PODEMOS 13 votos, 22 votos foron para outras formacións, 6 en
blanco e 17 nulos.
Na mesa B do Centro social acadáronse 504 votos, destes, 289
foron para o PP, un 57’3%; o PSOE con 73 votos acadou un 14’4% e o BNG un 5’75%
con 29 votos. As seguiente formacións en recibir votos foron AGE, 27; UPyD, 6 e
PODEMOS 26 votos, 24 votos foron para outras formacións, 10 en blanco e 20
nulos.
No centro social de Campos de Vila achegáronse as urnas 387
votantes, destes votos 238 foron para o PP, un 61’5%; o PSOE con 74 votos
acadou un 19’12% e o BNG un 3’1% con 12 votos. As seguiente formacións en
recibir votos foron AGE 18, UPyD 4 e PODEMOS 12 votos, 17 votos foron para
outras formacións, 5 en blanco e 7 nulos.
Na cantina Bonifacio, en Vilar de Lor, na que exercen o voto os
veciños da zona da Labrada e a Montaña do Lor, votaron 149 persoas, destes
votos 101 foron para o PP, un 67’8%; o PSOE con 26 votos acadou un 17’4% e o
BNG un 3’3% con 5 votos. As seguiente formacións en recibir votos foron AGE 6,
UPyD 1 e PODEMOS 6 votos, 3 votos foron para outras formacións, 1 en blanco e 1
nulos.
Na casa da cultura de Quiroga, a mesa para os veciños das
parroquias do Nocedo e a Hermida, votaron 138 electores, destes votos 84 foron
para o PP, un 60’8%; o PSOE con 30 votos acadou un 21’7% e o BNG un 5% con 7
votos. As seguiente formacións en recibir votos foron AGE 5, UPyD 3, 4 votos
foron para outras formacións, 1 en blanco e 4 nulos.
Na mesa situada no muiño
de Soldón, acadáronse 154 votos, destes 121
foron para o PP, un 78’5%; o PSOE con 12 votos acadou un 7’8% e o BNG un 1’3%,
con 2votos. As seguiente formacións en recibir votos foron AGE 10, UPyD 3, 4
votos foron para outras formacións, 2 en blanco.
Na mesa situada en Montefurado
votaron 126 persoas, destas 88 fixerono para o PP, un 69’8%; para o PSOE,
21, un 16’6% e para o BNG un 3’1% con 4 votos. As seguiente formacións en
recibir votos foron AGE 4, UPyD 2 e
3votos foron para outras formaciónse 4 en nulo.
O presidente do PP lucense e portavoz do partido no Senado, José
Manuel Barreiro, amosouse onte satisfeito cos resultados que obtivo esta
formación en Lugo e destacou que votou a ser a forza mais votada. Barreiro
quixo destacar especialmente algúns casos de concellos gobernados polo PP como
é o caso de Quiroga onde a partcipación rondou o 60%.
Tamén a alta participación a destacou o alcalde de Quiroga, o
popular Julio Alvarez. Quen a súa vez se amosou satisfeito cos resultados
acadados no concello polo PP, o que o situa como un dos primeiros concellos da
provincia en porcentaxe de votos para esta formación. A súa vez o alcalde afirmou
que estes resultados extrapolados a uns
comicios municipais faría que o PP acadara un concelleiro máis, mentres que o BNG
quedaría sen ningún.
No hay comentarios:
Publicar un comentario