A Décimo
cuarta edición da Mostra do Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese
Turístico de Galicia, terá lugar este domingo 18 de Maio. A comisión
organizadora decidiu no seu momento este atraso na data para tentar acadar unha
mellora nas condicións climatolóxicas e na presentación do producto por estar
máis decantado e clarificado.
O domingo,
no lugar das Farrapas, a partir das once e media da maña poñerase en
funcionamento o Muiño de Bendilló, para comezar coa demostración e elaboración
tradicional do aceite.
Ás doce da
mediodía cataranse os seis aceites participantes na mostra no interior da
capela das Farrapas. Estes seis aceites participantes xa foron obxeto dunha
precata fai duas semanas por parte dun grupo de sete catadores locais formados
nun curso impartido pola UNED de Ponferrada.
Nesta
precata avaliouse a calidade do producto que se vai poñer a venda este domingo
na Mostra do Aceite nas Farrapas, na que se catalogou aos seis aceites cunha
calidade excelente.
Ademais
desta cata os seis aceites que participan na mostra foron enviados a un
laboratorio especializado onde se lle efectuaron as probas especificadas pola
normativa europea para este tipo de productos. Os resultados destas probas
foron dunha calidade virxe extra.
A unha e
cuarto, actuacións de danza e música tradicional galega a cargo das agrupacións
locias: Grupo de danzas Arume da Queiruga, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda
de gaitas San Martiño.
Durante
toda a xornada no recinto feiral estarán a venda aceite e productos típicos. Os
seis olivareiros que concurren este domingo á XIV Mostra do Aceite son;
Guillermo Nogueira Veloso, Pedro Soto Losada, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias
Rodríguez, José Manuel López Maseda e Manuel Mondelo Rodríguez.
Como
novidade desta edición haberá visitas guiadas a un olivar en Bendollo, para elo
haberá un servizo de autobús dende Bendilló ás doce menos cuarto e a unha e
media. Os usuarios deste servizo deberán abonar 5 €.
Tamén se
conta con outra novidade, xa que haberá unha liña regular de autobús dende
Quiroga ata as Farrapas. O autobús terá a saída dende a praza España en Quiroga
ás once da mañá e a unha. O regreseo dende Bendilló ata Quiroga será ás doce e
media e as catro da tarde.
Precisamente para celebrarse esta Mostra do Aceite acondicionouse na zona das Farrapas un terreo para que sirva de aparcamento, e solucionar
así o maior problema co que se atopaban os visitantes da mostra.
Para
elo foron os propios propietarios dos terros os que os cederon para realizar o
acondicionamento para que servan de aparcamento de vehículos, á vez que se
limpou e acondicionou toda a zona que acolle o recinto feiral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario