Na tarde de onte un ou varios lobos mataron 14 cordeiros e 2 ovellas no
pobo de Xestoso do Lor. Outra ovella atópase desaparecida. As ovellas atopábanse nun prado pechado a escasos
metros do pobo cando foron atacadas polo animal, supostamente un lobo.
A propietaria dos animais estaba con
elas, pero debido a choiva resguardouse baixo un castiñeiro a poucos metros.
Dado que o prado no que pacían as ovellas facía pendente preto dun cavorco, a
propietaria dende a súa posición non divisaba o rabaño. Cando saiu do seu
resguardo para controlar aos animais foi cando se decatou de que lle faltaban
moitas dos ovellas, a maioría cordeiros. Cando se puxo a buscalos xa os atopou
mortos por entre as xestas.
A propietaria dixo que esta non era a
primeira vez que o seu rabaño sofre un ataque do lobo, pero non desta
embergadura; xa que hai dous meses un lobo matoulle unha ovella. Tamén confirmou que pola zona xa teñen visto moitos lobos, moitas
veces en manadas de tres ou catro.
Tampouco esta é a primeira vez que o
lobo ataca os rebaños de ovellas no noso municipio. Hai uns meses, preto da
Ribeira de Abaixo o lobo achegouse ata un rebaño que pacía nun prado, tamén a
plena luz do día, pero a oportuna chegada dun veciño, evitou o ataque.
No hay comentarios:
Publicar un comentario