A Confraría do viño de Quiroga organiza un
curso de elaboración de viños galegos brancos e tintos, os días 3, 4, 5 e 6 de
xuño.
O curso para o que contan coa colaboración do
concello de Quiroga e a Deputación de Lugo, desenvolverase na sala de catas do
museo Etnográfico dende as sete e media da tarde ata as dez e media, en total
12 horas.
O curso estará impartido polo equipo de
formación da adega Alán de Val e ten un custo orientativo de 35 €.
Todas as persoas interesadas en participar
teñen ata o día 2 de xuño de prazo para inscribirse na casa da cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario