O concello de Quiroga organiza conxuntamente co Albergue de
Quiroga a segunda proba do Circuito Trail Running de Quiroga. Trátase do Trail
do Castelo que conta con tres recorridos diferentes. O primeiro deles será una
andaina para a que se sairá ás oito da mañá e se recorrerán 25 km.
O segundo recorrido será un minitrail
de 31 km e o terceiro será o trail cun recorrido de 41 km. Para estes dous
recorridos sairase ás nove da mañá.
Tanto a saída como a chegada das
probas será o Albergue Municipal.
O trail do Castelo vai por zonas como
o rego do Castelo e o río Soldón e pasando por lugares emblemáticos como o
Camiño do Ferradal ou a Fervenza do Carroceiro.
Haberá trofeos para os gañadores de
cada proba; ademais de trofeos e lote de productos deportivosn para os tres
primeiros do trail.
No hay comentarios:
Publicar un comentario