O Proxecto Ríos – Adega, coa colaboración do
concello de Quiroga e a Xunta de Galicia, organizou para mañá sábado, unha
xornada sobre os Ríos e o Patrimonio Mineiro Arqueolóxico en Quiroga.
O obxetivo desta xornada é divulgar a historia
dos ríos galegos, especificamente do río Sil e os seus afluentes, asociado á
explotación dos seus recursos mineiros e a posta en valor na actualidade.
A
xornada inaugurarana, ás dez e media da mañá, o alcalde de Quiroga, Julio
Alvarez; o comisario de augas da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, Alberto
de Anta; e a presidente de Adega, Virginia Rodríguez.
Ás once da
mañá o arqueólogo Iván Alvarez Merayo, falará sobre os sistemas de explotación
aurífera nos ríos Lor e Sil.
As doce
menos cuarto, o tema a tratar será a vella minaría como recurso patrimonial e
turístico, para o que se contará co xerente de Inorde, José Manuel Rodríguez
González, que falará sobre o turismo entorno ás minas de woframio. E de técnico
do concello de Quiroga, Ramón Vila que falará sobre o museo xeolóxico de
Quiroga.
Pola tarde,
tras un xantar no río, un bateador aficionado, fará unha demostración de bateo
na praia fluvial de San Clodio.
A xonrada
rematará cun roteiro polo Camiño do Ferradal, itinerario que percorre un dos
camiños do ferro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario